O Samsung Galaxy Alpha xa é oficial

Tras semanas de rumores e filtracións de fotos e características, o Samsung Galaxy Alpha vense de facer oficial. Falamos do novo smartphone da compañía surcoreana, que inaugura unha liña máis de produto a medio camiño entre a gama media (Galaxy Ace) e a gama alta (Galaxy S), quizais nun esforzo de reducir (ou máis ben, reconducir) o número de gamas que ofrecen.

O novo smartphone de Samsung incorpora unha pantalla de 4,7 polgadas cunha resolución de 1280 x 720 píxeles (320 ppp). O seu procesador é de 8 núcleos, 4 a 1,8 GHz e outros 4 a 1,3 GHz. Ten 2 GB de memoria RAM e 32 GB de memoria interna, non ampliábeis. Todas estas especificacións fan que sexa un produto bastante equilibrado en canto a potencia.

갤럭시-알파_white

No apartado multimedia temos unha cámara principal de 12 megapíxeles con flash LED, mentres que a frontal fica nos 2,1. É compatíbel coas redes 4G categoría 6 (até 300 Mbps), incorpora sensor de ritmo cardíaco, lector de pegadas dixitais e a súa batería é de 1860 mAh, que sobre o papel parece bastante escasa, habería que comprobar como rende en funcionamento.

04_SM-G850F_009_white-1024x682

Poñendo orde a todo isto temos a última versión dispoñíbel de Android, 4.4 Kitkat, que chega coa capa de personalización habitual do fabricante, TouchWiz.

O Samsung Galaxy Alpha, que destaca especialmente polo seu deseño ultradelgado (tan só 6,7 mm) e pola súa lixeireza (115 gramos), estará dispoñíbel en setembro por un prezo que estimamos nos 550- 600 euros.

Que vos parece?

Sobre o autor

No Responses

Reply