Uppmobile: probamos o primeiro operador móbil orientado ás aplicacións

uppmobile

A chegada dos operadores móbiles virtuais supuxo un antes e un despois no devagar da telefonía móbil no noso País, en grande parte grazas ao aumento da competencia, que conseguiu baixar sustancialmente os prezos das chamadas e das conexións á Internet. Neste senso, malia que meses atrás había numerosas opcións para quen quixer unha boa cantidade de datos e prezos baixos por minuto, o certo é que agora téndense a vender produtos empaquetados que inclúen tropecentos minutos xunto a unha certa cantidade de datos, polo que os usuarios que practicamente só navegan vense obrigados a pagar por cousas que non precisan.

Neste ambiente nace Uppmobile, que se autodefine como o primeiro operador orientado ás aplicacións. A idea é ofrecer un servizo para aquelas persoas que maioritariamente saquen partido á conexión a Internet a través das aplicacións e que, de querer falar por teléfono, non queiran pagar cantidades excesivas.

uppmobile tarifas

Actualmente Uppmobile ofrece dúas tarifas, ambas con 1 GB de datos incluídos. Por 6 euros temos 20 minutos de chamadas (actualmente, en promoción a 4 euros) a calquera destino estatal, mentres que por 15 €/mes poderemos ter chamadas ilimitadas.

Porén, o funcionamento do operador é un tanto diferente aos demais, xa que estes minutos son de voIP, que se consumirán a través da aplicación UppTalk, dispoñíbel gratuitamente na Play Store. É dicir, non empregaremos o teléfono de Android, senón esta aplicación, que se integra coa nosa axenda resultando moi doada de empregar.

2014-08-12-13-00-02

Como calquera outro servizo de voIP, as chamadas cúrsanse como paquetes de datos, polo que van consumindo parte do GB contratado, aínda que non notamos que o consumo de datos fose excesivo. Isto tamén ten un punto positivo, xa que se nos atopamos conectados a unha rede WiFi non gastaremos datos e poderemos cursar as chamadas a través dela. Imaxinades a vantaxe ao estarmos no estranxeiro enchufados, por exemplo, á WiFi do hotel ou dunha cafetaría?

Outro dos puntos positivos de Uppmobile é que o receptor non ten por que ter a aplicación UppTalk instalada: as chamadas chegarán aos recpetores das nosas chamadas do xeito habitual, por rede móbil e amosando o noso número. No aspecto dos puntos negativos que lle vimos é que, aínda que funciona ás mil marabillas conectados á rede WiFi ou ao empregarmos cobertura 3G, o certo é que a experiencia con GPRS non foi tan satisfactoria, tendo que facer algún que outro reintento para establecer conexión, aínda que finalmente sempre resultaron chamadas exitosas.

Uppmobile traballa man a man co operador virtual MasMovil (de feito as SIM son as mesmas), polo que a cobertura é a que ten Orange. Polo de agora non teñen acceso ás redes 4G, mais as velocidades poden chegar até os 42 Mbps.

Podedes atopar máis información na súa páxina web.

Que vos parece esta alternativa para as vosas comunicacións?

About The Author

One Response

  1. daridae 13 Agosto, 2014 Responder

Reply