Google engade soporte multilingüe á aplicación de busca

google now galego

O 2014 está a traer moitas novidades nos produtos de Google en canto a soporte idiomático, como foron os casos de Gmail en galego ou a inclusión da nosa lingua ao teclado oficial de Google.

Na procura da perfección do seu buscador, Google vén de introducir o soporte multilingüe ao buscador de Android Google Now, unha novidade que permite facer buscas por voz en varias linguas simultaneamente. Isto supón un verdadeiro avance, sobre todo nos países nos que conviven varios idiomas, caso de Galiza, xa que até o de agora había que decantarse por un só, sufrindo as consecuencias de resultados diferentes segundo empregásemos un ou outro.

O soporte de varios idiomas chega coa actualización da aplicación Búsqueda de Google e para configuralos deberemos acceder ao menú da appp e seleccionar os que desexemos no apartado de voz.

Semella pois que con este novo chanzo Google está a traballar para que máis cedo que tarde poidamos disfrutar de termos os nosos Android en galego. Será en outono coa oficialización de Android L?

Sobre o autor

One Response

  1. Isaac 16 Agosto, 2014 Responder

Reply