CM Browser, se cadra o mellor navegador en Android

Hoxe queremos falarvos dun navegador alternativo chamado CM Browser, o cal nos deixou tan boas sensacións que poderíamos dicir que é un dos mellores dentro do ecosistema Android.

2014-08-14-23-56-43

O primeiro que nos chamou a atención foi o seu deseño minimalista pero moi chulo, combinado cunha gran fluidez e velocidade de carga de webs impresionante. Polo que puidemos ver, non botamos en en falta ningunha das funcións presentes noutros navegadores.

2014-08-14-23-57-06

2014-08-15-00-03-21

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Un dos puntos que máis nos gustou foi que o navegador conta cunha aplicación propia para reproducir vídeos de xeito nativo da que destacamos tres funcións na pantalla:

2014-08-14-23-59-23

Un deles, o da dereita, permítenos variar o volume e co da esquerda podemos variar o brillo da pantalla. Queremos destacar, que as iconas non están sempre na pantalla, só aparecen para amosarnos que temos esa posibilidade e logo tan só con desplazar o dedo por esa zona da pantalla, activamos a función.

A terceira función, sitúase na parte esquerda, e serve para bloquear a pantalla polo que ainda que desplacemos por ela o dedo mentres ser reproduce un vídeo, non acontece nada.

No apartado das pestanas, destacamos a impresionante fluidez en canto á velocidade desprazamento para chegar á que queremos maximizar, sen ningún tipo de lagueo.

2014-08-14-23-58-03

Temén conta coa opción de importar marcadores máis neste punto atopamos un problema:  CM Browser, deixanos importar os marcadores do navegador que teñamos previamente instalado no noso terminal, o problema e que no noso caso, temos Chrome por defecto e importa os marcadores pero non respeta a nosa orde por cartafoles, senón unha listaxe infinita de marcadores, sen ningún tipo de orde previa, o que para nós supón un problema.

A pesar deste problema que vos comentamos, pensamos que o navegador ben merece unha oportunidade, xa que as sensacións que nos deixou foron moi boas.

Podedes descargar CM Browser Fast & Secure directamente desde a Google Play Store.

E vós, que navegador utilizades habitualmente?

Sobre o autor

Reply