Sharp presenta un smartphone que practicamente elimina os marcos

Cando LG presentou o seu G2 houbo algo que chamou a nosa atención: os escasos marcos laterais. Grazas a iso conseguimos ter smartphones con grandes pantallas en tamaños máis compactos, o que sen dúbida se axusta ás demandas dos usuarios en canto a deseño.

sharp aquos cristal

O fabricante Sharp, aínda con pouca presenza europea, vén de presentar o seu novo smartphone Aquos Crystal, un dispositivo no que os marcos practicamente non existen os marcos, ofrecendo así unha frontal no que todo é pantalla, como podedes ver na imaxe promocional.

Polo resto, as súas especificacións están na liña dun dispositivo de gama media, con pantalla de 5 polgadas HD (720p), procesador SnapDragon 400, 1.5 GB de memoria RAM e 8 GB de memoria interna ampliábeis por microSD de até 128 GB. Vén con Android 4.4.2 Kitkat.

Agárdase que estea á venda a finais de mes nos Estados Unidos, aínda que polo de agora non está confirmada a súa comercialización no noso país. Que vos parece?

No Responses

Deixa un Comentario