YouTube Music Key é o novo servizo de suscrición musical de Google

youtube-music

Como lembraredes, hai xa bastante tempo do lanzamento de Google Music, un servizo que acabaría integrado na propia tenda de Google baixo a denominación Google Play Music. Porén, nunca se deixou de especular sobre o lanzamento dun servizo musical vencellado a YouTube, o lugar onde está a meirande parte da música que escoitamos na rede, deixando de lado Spotify’s e similares.

Desde Android Police veñen de dar a coñecer YouTube Music Key, o novo servizo musical de Google por suscrición, que ofrece música sen publicidade (e sen vídeo) en calquera dos medios (móbiles, tablets, PC’s, teles…) a través da aplicación clásica de YouTube.

music-key-youtube

O novidoso do servizo é que funciona tanto online como offline e poderá correr en segundo plano, polo que non será necesario ter activada a pantalla para que siga soando a música. Así mesmo, atopámonos con que Google vén de subir 20 millóns de cancións en alta calidade, xa pensando na posta en marcha do servizo.

Por 9,99 $/mes (imaxinamos que haberá tradución 1 $ = 1 €) teremos acceso a YouTube Music Key, que se comercializará conxuntamente con Google Play Music Key, o novo nome para o servizo musical actual.

Que vos parece este movemento? Que apps usades vós para escoitar música?

Vía

Sobre o autor

Reply