Ganga! a aplicación coa que mercar no teu barrio será máis doado

Vimos de probar estes días unha aplicación chamada Ganga! que nos axuda a coñecer as ofertas que podemos atopar no comercio do noso barrio. A día de hoxe, céntrase nos comercios de Santiago de Compostela.

Screenshot_2014-08-20-12-25-41

Esta aplicación é moi sinxela de utilizar e de primeiras, na pestaña Gangas podemos ver una lista dalgunas das ofertas que podemos atopar nas tendas do noso barrio.

Screenshot_2014-08-20-12-26-04

Ademáis podemos filtrar as buscas en función dalgúns parámetros que poden resultarnos de interese, como pode ser por palabra clave, por categoría, por prezo,… O cal nos axuda a mellorar o tempo que empregamos para facer unha búsqueda.

Como vemos, esta aplicación é unha moi boa idea para tentar fomentar as compras no noso barrio, facilitando o poder coñecer as ofertas dese comercio que é o de toda a vida que tan mal o está a pasar nestes tempos de crise.

Pois ben, até aquí a presentación da aplicación orientada aos consumidores, xa que agora é a quenda dunha segunda aplicación chamada Ganga! Pro que vai dirixida aos comerciantes e que lles permite subir aquelas cousas que cren que poden ser de interese para os seus clientes. As dúas aplicacións interactuan entre elas e deste xeito só temos que descargar a aplicación que máis se axeite ao noso perfil de usuario: comsumidor ou comerciante. Como vedes os desenvolvedores pensaron nas dúas partes da ecuación, creando un espazo común no que interactuar.

Ambas aplicacións están dispoñíbeis de balde a través da Play Store:

  • Ganga!
  • Ganga! Pro

Deixa un Comentario