Como instalar apps de fontes descoñecidas

A Play Store é un referente en Android en canto á descarga de aplicacións, pero nalgúns momento pode non cubrir todas as nosas necesidades. Pensemos no caso de termos un/ha amigo/a desenvolvedor/a que nos pasa unha aplicación para que a probemos e lle digamos que nos aparece ou se atopamos erros, e mesmo podemos querer descargar unha versión beta, na que se está traballando e que aínda non chegou á Play Store, xa que nela adoitamos ter só as versións estábeis.

Para este tipo de casos o sistema danos unha opción moi interesante que se chama instalar aplicacións desde fontes descoñecidas, e por descoñecidas entendemos de fóra da Google Play.

Para isto o que temos que facer é habilitar no noso terminal esta opción seguindo unha ruta moi similar a esta:

Axustes – Seguridade – Fontes descoñecidas

Screenshot_2014-08-18-12-26-35

Unha vez feito isto, o seguinte paso é conseguir o arquivo que temos que instalar, no noso exemplo imos descargar Whatsapp da propia web da compañía.

Captura de pantalla de 2014-08-18 11:36:49

Como vemos na captura, so temos que darlle a download now agardar uns minutos e xa temos o arquivo WhatsApp.apk. O seguinte paso, e pasar este arquivo ao noso terminal para o cal temos diferentes métodos:

  • Conectando o terminal por usb ao pc.
  • Servizos na nube como poden ser Drive ou Dropbox.
  • Mesmo por e-mail, pero non recomendamos xa que podemos ter problemas co tamaño das aplicacións descargadas.
  • Ou empregar o propio navegador do noso dispositivo móbil e así non temos que pasar a app dun dispositivo a outro.

Unha vez que temos a aplicación descargada, temos que lembrar en que cartafol a gardamos,  premer sobre ela e veremos o seguinte:

Screenshot_2014-08-18-12-17-32

Screenshot_2014-08-18-12-17-59

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Se confiamos na fonte, podemos instalar sen verificar xa que se non confiamos non recomendamos instalar nada, pois coa cantidade de información comprometida que temos hoxe nos nosos smartphones temos que ser prudentes.

Screenshot_2014-08-18-12-19-03

Unha vez instalada, so temos que buscar no menú de aplicacións a que vimos de instalar pois neste tipo de instalacións é posíbel que non se non cree de xeito automático unha icona no noso escritorio.

Con isto, o proceso de instalación queda completo e agora so queda comezar a empregar a aplicación. Agardamos que este breve how to, sexa de utilidade e se tedes algunha dúbida, nos comentarios tentaremos darlles solución.

No Responses

Deixa un Comentario