As mellores ofertas de espazo na nube tras coñecer os novos prezos de Dropbox

aplicacions nube

Onte Dropbox anunciou importantes novidades no seu servizo de pagamento por espazo de almacenaxe na nube, apostando por ofrecer unha única opción pro, ademais da gratuíta. O servizo desta compañía é sen dúbida un dos mellores en canto a experiencia de usuario, pero existen outras opcións moi a ter en conta, tanto se non queremos gastar un can como se preferimos pagar unha cantidade que se adapte ao noso presuposto e necesidades

Na seguinte táboa quixemos recoller as principais opcións que temos no mercado, todas elas coas súas respectivas aplicacións para Android gratuítas, aínda que ben é certo que algunhas son máis completas ca outras. Cómpre sinalar tamén que as opcións de Google Drive e OneDrive están quizais máis orientadas a documentos, mentres que outras como Dropbox son óptimas para imaxes ou outro tipo de arquivos, aínda que na na práctica podemos almacenar calquera cousa en todas elas.

Características Dropbox Google Drive OneDrive Box Mega
Espazo gratuíto 2 GB* 15 GB* 15 GB* 10 GB* 50 GB
100 GB Non aplicábel 1,99$ (~1,50 €) 1,99 € 8 € Non aplicábel
200 GB Non aplicábel Non aplicábel 3,99 € Non aplicábel Non aplicábel
500 GB Non aplicábel Non aplicábel Non aplicábel Non aplicábel 9,99 €
1 TB (1000 GB) 9,99 € 9,99$ (~7,58 €) 10 €*** Non aplicábel Non aplicábel
2 TB (2000 GB) Non aplicábel Non aplicábel Non aplicábel Non aplicábel 19,99 €
4 TB (4000 GB) Non aplicábel Non aplicábel Non aplicábel Non aplicábel 29,99 €
10 TB (10000 GB) Non aplicábel 99,99$ (76 €) Non aplicábel Non aplicábel Non aplicábel
20 TB (20000 GB) Non aplicábel 199,99$ (152 €) Non aplicábel Non aplicábel Non aplicábel
30 TB (30000 GB) Non aplicábel 299,99$ (228 €) Non aplicábel Non aplicábel Non aplicábel
Aplicación Play Store Play Store Play Store Play Store Play Store

Todos os prezos son por mes. Algunhas alternativas, como as de Mega ou Box, teñen fortes restriccións en canto a ancho de banda permitido para xestionar os arquivos.

*Espazo ampliábel mediante promocións ou recomendacións.

**Se se fai un pago anual sae en 99 €, polo que aforramos 20,88 € / ano.

*** Trátase dunha oferta especial de Microsoft no seu Office 360. Pola suscrición mensual a Office 360 ofrece 1 TB por usuario até un máximo de 5 usuarios por 10 €/mes (total), polo que na práctica estaríamos a falar de 5 TB por 10 €/mes. Se se fai pago anual sae en 99 € (aforramos 21 € / ano).

Empregades este tipo de aplicacións? En caso afirmativo, cales?

2 Comentarios

  1. enfeitizador 29 Agosto, 2014 Responder
  2. lirens 30 Agosto, 2014 Responder

Deixa un Comentario