O novo HTC Desire 510 quere democratizar o acceso ao 4G

HTC Desire 510_PerLeft_DarkGray

Pouco estamos a falar este ano de HTC, unha compañía que outrora foi referente en Android e que desde hai algúns meses semella algo durmida. Porén, a compañía vén de anunciar o lanzamento dun novo terminal de gama media deseñado para democratizar o acceso ao 4G. Falamos do HTC Desire 510.

O trebello incorpora unha pantalla de 4,7  polgadas FWVGA, procesador Snapdragon 410 de catro núcleos a 1,2 GHz, 1 GB de RAM e 8 GB de memoria interna, aínda que ampliábeis mediante tarxetas microSD de até 128 GB. A súa cámara principal é de 5 megapíxeles e a frontal VGA, mentres que a batería se sitúa nos 2100 mAh.

HTC Desire 510_6V_White

En canto a sistema operativo, vén con Android 4.4 Kitkat e a interface HTC Sense, que conta entre outras cousas con BlinkFeed para acceder ás actualizacións de redes sociais e outra fontes RSS de xeito doado e vistoso.

O novo HTC Desire 510 estará dispoñíbel no mes de outubro en dúas cores, branco terra e gris meridian, chegando ademais con diversos accesorios como a funda HTC Dot View. Polo de agora non trascendeu o seu prezo, aínda que xa anunciaron que existirá a posibilidade de o mercar a través de operadores.

One Response

  1. Adrián 28 Agosto, 2014 Responder

Deixa un Comentario