Liquid Leap e Liquid Jade: as novidades de Acer para o IFA 2014

acer liquid jade

Coa IFA de Berlín a piques de abrir as súas portas, Acer vén de amosar as súas cartas de cara esta feira, onde dará a coñecer un novo teléfono de superficie curvada (Liquid Jade) e o seu primeiro wearable, a pulseira conectada Liquid Leap.

O Liquid Jade é o terminal máis delgado da compañía; vén cunha pantalla IPS de 5 polgadas con protección Gorilla Glass e fabricada con tecnoloxía Zero Gap. A súa cámara principal é de 13 megapíxeles e vén coa última versión de Android, 4.4 – Kitkat. Poderase mercar este mesmo mes de setembro por 229 euros.

acer liquid leap

Pola súa banda, a Liquid Leap é un colorido wearable que monitoriza a nosa vida (pasos, horas de sono, calorías queimadas…), amosándonos as cuantificacións nunha pantalla dunha polgada. Destaca polo seu deseño, no que se obviaron os botóns, e por ser resistente a auga segundo a referencia IPX7. Ademais, o Liquid Leap notifica as chamadas, mensaxes ou correos electrónicos para que non teñamos que estar pendentes do noso smartphone. A súa batería garántelle unha autonomía de 7 días.

A Liquid Leap estará dispoñíbel en diversas cores (branco lunar, negro mineral, verde augamarina, rosa chicle e laranxa), custará 99 euros e poderemos mercala a partir de finais de outubro.

Deixa un Comentario