Accesorios filtrados da posible HTC Nexus Tablet

Fai poucos días xa vos contamos que HTC podería ser o elixido para fabricar a nova tableta Nexus para Google.

Pois ben, esta noite filtrouse un novo accesorio que ven a completar a tableta. É unha cover que incorpora un teclado QWERTY que contaría cunha batería integrada 450mAh.

nexus2cee_image_thumb14

A maiores, contaría cun chip NFC e bluetooth 4.0 e unha superficie imantada para pegarse á pantalla. As dimensións serían 228 x 320 x 5 mm.

A falta de confirmar todos estes rumores, o certo é que o conxunto ten moi boa pinta que podería colocar a Google na pelexa neste segmento.

vía

Deixa un Comentario