Lenovo adiántase aos grandes fabricantes anunciando a Tab S8

lenovo tab s8

Malia que hoxe é o gran día das presentacións no IFA de Berlín, maiormente polos anuncios de novidades de Samsung e Sony, Lenovo vense de adiantar dando a coñecer unha das súas novidades para este último cuatrimestre do ano, a Lenovo Tab S8.

Este novo trebello incorpora unha pantalla de 8 polgadas con resolución 1920 x 1200 píxeles, ademais dun procesador Intel SoC de catro núcleos a 1,86 GHz, 2 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna no modelo máis básico, non ampliábeis por microSD. A batería é de 4290 mAh.

Ten ademais dúas cámaras, a traseira de 8 megapíxeles e a frontal de 1,6. Vén con Android 4.4 KitKat e porase á venda desde 199 dólares nos Estados Unidos, aínda que o máis seguro é que chegue a Europa desde 199 euros. Ademais, á hora de mercala poderemos elixir diversas cores (branco, negro, azul, amarelo) e opcións de conectividade (WiFi ou WiFi + LTE).

Deixa un Comentario