Sony Xperia Z3 Compact e Sony Xperia Z3 Tablet Compact, os outros dispositivos do IFA

Ademais do Xperia Z3, Sony tamén presentou esta tarde o Xperia Z3 Compact, cuxas imaxes puidemos ver no noso blog, e a Xperia Z3 Tablet Compact, que completan a familia de cara afrontar o último trimestre do ano.

sony xperia z3 compact

A esencia do Z3 Compact é dispór dun terminal de gama alta nun tamaño máis reducido, xa que conta cunha pantalla de 4,6 polgadas e resolución HD (720 x 1080), procesador SnapDragon 801 de catro núcleos a 2,5 GHz,2 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna ampliábeis por microSD. As cámaras son de 20 e 2 megapíxeles, a principal con ensor Exmor R. É resistente á auga e pó segundo a especificación IP68 e estará dispoñíbel en diversas cores (branco, negro, laranxa e verde). A súa batería é de 2600 mAh.

sony xperia z3 tablet compact

Pola súa banda, a Xperia Z3 Tablet Compact é un dispositivo que destaca polo seu escaso grosor, desta vez nun dispositivo de 8 polgadas con resolución 1920 x 1200 píxeles. No seu interior temos un procesador Snapdragon 801 de catro núcelos a 2,5 Ghz, 3 GB de memoria RAM e opcións de 16 ou 32 Gb de memoria interna, ampliábeis por microSD. Neste dispositivo as cámaras son de 8 e 2 megapíxeles e a batería de 4500 mAh. Ten 4500 mAh de batería e estará dispoñíbel en dúas cores, branco e negro. Así mesmo tamén poderemos elixir entre conectividade unicamente WiFi ou WiFi + LTE

Até o de agora Sony non confirmou os prezos dos seus dispositivos, mais chegarán ao mercado ao longo do outono.

Deixa un Comentario