Sony presenta o Xperia Z3 apenas sete meses despois do seu predecesor

sony xperia z3

Cando un fabricante renova o seu dispositivo de referencia con menos de 10 meses de distancia podemos atoparnos con dous motivos: disponse dun novo modelo moi novidoso na industria que hai que lanzar para estar entre os primeiros ou que o anterior modelo foi un fracaso e hai que recuperar o espazo perdido.

Semella que Sony podería encaixar neste segundo grupo, tras presentar o Xperia Z2 no pasado MWC de Barcelona e o seu sucesor, o Xperia Z3 esta tarde no IFA de Berlín. Cómpre lembrar que o Xperia Z1 foi presentado precisamente hai un ano, tamén no IFA, co que nos situamos nos 3 dispositivos da mesma liña nun ano.

sony xperia z3 ofi

O novo Xperia Z3 non achega grandes novidades en deseño, aínda que o seu grosor fica nos 7.3 mm. Na parte máis técnica atopamos nha pantalla de 5,2 polgadas FullHD, procesador Snapdragon 801 a 2,5 GHz, 3 GB de RAM e 16 GB de memoria interna ampliábeis por microSD.

As súas cámaras son, a principal de 20 megapíxeles e a frontal de 2. Ademais os seus altofalantes estéreo dispoñen de cancelación dixital de rúido. A batería é de 3200 mAh, coa que aseguran 2 días de autonomía, sempre e cando empreguemos o método de aforro Stamina. Isto sitúa ao novo terminal de referencia por baixo doutros competidores como o LG G2, lanzado hai uno, que con características bastante semellantes e menos batería é capaz de chegar a este tempo en plena funcionalidade.

O novo Sony Xperia Z3 estará dispoñíbel en tres cores (branco, negro e cobre). Polo de agora non temos información do seu prezo, pero tendo en conta a política da compañía imaxinamos que andará polos 699 euros.

One Response

  1. Juan Carlos 4 Setembro, 2014 Responder

Deixa un Comentario