Ascend G7, o novo gama media de Huawei

O Ascend G7 foi o outro terminal presentado por Huawei fai poucos minutos en Berlin. O fabricante chinés aposta de novo por un corpo metálico para este terminal un materíal de primeiro nível tendo en conta que vai entrar a competir na gama media.

Huawei-Ascend-G7

Ademáis conta cunha pantalla xenerosa de 5,5″ con resolución HD. O procesador é un Quad Core ARM Cortex A53 a 1.2GHz acompañado por 2 gigas de ram e 16 gigas de almacenamento interno. Debemos sinalar que é un terminal que soporta redes 4G. Todo o conxunto será alimentado por unha batería de 3000 mAh que para este hardware pensamos que lle dará moi boa autonomía. Sae ao mercado con Android 4.4 KitKat.

A maiores queremos destacar que nos atopamos cun terminal de diseño atractivo e moi delgado o que sempre é de agradecer.

asceng-7-b-huawei-2

En canto ás cámaras do equipo, atopamos una principal de 13 mpx con apertura f/2.0 e a dianteira será de 5 mpx, algo que xa non sorprende debido á moda dos selfies.

Sabemos que vai sair ao mercado no mes de outubro, pero os prezos aínda non foron confirmados.

Sobre o autor

Reply