HTC presenta o Desire 820, un gama media para os amantes da fotografía

HTC Desire 820 Group

Tras anunciar hai uns días o novo Desire 510,  HTC vén de dar a coñecer no IFA de Berlín o novo HTC Desire 820, un dispositivo de gama media con pantalla de alta definición e 5,5 polgadas.

Acompañan a esta pantalla un procesador Snapdragon 615 de 8 núcleos (4 a 1,5 GHz e 4 a 1.0 GHz), 2 GB de RAM, 16 GB de memoria interna ampliábeis por micro SD de até 128 GB e 2600 mAh de batería. É compatíbel coas redes 4G Cat 4 (150 Mbps).

O seu público obxectivo é aquel que lle saca partido ás cámaras fotográficas, para o que inclúe unha principal de 13 megapíxeles con apertura f/2.2 e sensor BSI, mentres que a frontal é de 8 megapíxeles, pensada para sacar selfies de calidade.

Para poder disfrutar deste terminal no noso país inda imos ter que agardar, pois non chegará até xaneiro. En canto a cores, poderémolo disfrutar en branco mármol, gris Tuxedo, branco Santorini, gris crema, branco mandarina, gris azafrán, gris flamingo, azul néboa e laranxa monarca (Nota: podedes googlealos, porque npi de que cores son)

Sobre o autor

Reply