Huawei presenta o Ascend Mate 7

A chinesa Huawei vén de presentar en Berlín o Ascend Mate 7, un dispositivo co que a compañía aspira a seguir sumando vendas en Europa nun momento no que a competencia é durísima, apostando polo acabado metélico para esta unidade.

ascend-mate-7-huawei

O novo trebello apúntase ao carro dos marcos finos, unha tendencia iniciada no 2013 co LG G2 e que Sharp está a levar ao extremo. Incorpora unha pantalla de 6″ polgadas e resolución Full HD de 1920 x 1080 píxeles, procesador Kirin 925, de catro núcleos a 1,8 GHz, 2 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna.

As súas cámaras son de 13 e 5 megapíxeles, mentres que a batería acada os 4100 mAh. Dispón ademais de lector de pegadas dixitais na parte posterior do dispositivo xusto debaixo da cámara.

ascend-mate-7-huawei-2

Estará dispoñíbel a partir de outubro e do seu prezo aínda non sabemos nada.

Deixa un Comentario