O Moto G de segunda xeración xa é unha realidade

O pasado mes de xullo en Mallando no Android demos a exclusiva do sucesor do exitoso Moto G, que agora vén de ser presentado oficialmente aproveitando a celebración da feira IFA de Berlín. Con este novo modelo Motorola pretende continuar a boa acollida que tivo o modelo previo, aínda que chega nun momento no que a competencia é moito máis dura.

moto g 2

Tal e como adiantáramos en xullo, o Moto G de segunda xeración vén cunha pantalla de 5 polgadas e resolución 1280 x 720 píxeles (293 ppp), procesador de catro núcleos a 1,2 GHz, 1 GB de RAM, cámara principal de 8 megapíxeles e frontal de 2 e capacidade Dual SIM, aínda que esta funcionalidade só está dispoñíbel noutros países de Europa, non no Estado Español. A súa batería é de 2070  mAh.

Ademais esta nova versión é resistente á auga, dispón de 2 altofalantes estéreo situados na parte frontal e sae á venda con Android 4.4 Kitkat, aínda que con actualización garantida a próximas versións.

moto g 2 dualsim

As posibilidades de personalización multiplícanse coas carcasas traseiras dispoñíbeis en numerosas cores e como opcións de conectividade parece que polo de agora só está confirmada a versión 3G, aínda que de seguro que nalgún momento chega o equivalente en 4G.

O novo Moto G pódese mercar desde hoxe mesmo por 179 € a versión de 8 GB e 199 € a de 16 GB. Que vos parece este novo dispositivo de Motorola?

Sobre o autor

4 Comments

  1. Juan Carlos 5 Setembro, 2014 Responder
    • Iago Varela Martínez 6 Setembro, 2014 Responder
  2. Pepe Rodríguez 6 Decembro, 2014 Responder

Reply