Evolución da serie Samsung Galaxy Note desde 2011 até hoxe

galaxy note 4

Tras a presentación onte do Galaxy Note 4 e do Galaxy Note Edge chega a renovación a un modelo xa icónico para a compañía surcoreana. Foron moitos os que riron cando Samsung lanzou, aló no 2011, o primeiro Note con S-pen (daquela chamado Stylus) pois pensaban que estaba desfasado e non tiña xeito incorporalo. Nada máis lonxe da realidade, xa que coas características engadidas vía software, é un complemento moi interesante. Tamén é certo que moitos non o empregan (do mesmo xeito que hai xente que merca un supersmartphone só para usar o WhatsApp), pero para quen o usa é un trebello imprescindíbel. Por iso Samsung neste novo Galaxy Note 4 segue apostando por incorporar este complemento.

Hoxe en día xa estamos afeitos a ver terminais grandes e isto debémosllo en parte aos Note, pois supuxeron unha revolución en canto a tamaño. No 2011 os terminais non chegaban ás 4.5 polgadas; o Primeiro NOTE xa tiña unha pantalla de 5,3… fucking crazy!!.

En canto ao hardware, sempre levou os mellores e máis potentes compoñentes de cada momento e ademáis é unha aposta segura, xa que sempre entra nos plans da compañía para ser actualizado e correr coa máis recente versión de Android.

Sen máis, deixámovos unha táboa que resume as principais características de todos os modelos presentados até o momento.

serie-note

Galaxy NOTE
NOTE (2011)NOTE II (2012)NOTE 3 (2013)NOTE 4 (2014)
Polgadas/Resolución/ppi5,3/1280×800/2865,5/1280×720/2675,7/1920×1080/3865,7/2560×1440
Dimensiones (mm)82.95×146.85×9.6580.5×151.1×9.479.2×151.2×8.3153 x 85 x 7.8
ProcesadorExynos 4210 a 1,4 dual-coreExynos 4412 a 1,6 quad-coreExynos 5420 a 1,9 octa-core / Snapdragon 800 a 2,3Exynos 5433 a 1.9 Quad+1.3GHz Quad / S napdragon 805 a 2,7 GHz
RAM (gigas)1233
ROM (gigas)16/3216/32/6432/6416/32/64
Batería (mAh)2500310032003220
Cámaras (mpx)8 / 28 / 1,913 / 216+OIS/3.7
Versión de Android2.3.5 Gingerbread4.1 Jelly Bean4.3 Jelly Bean4.4 Kit Kat
Peso (gr)178182,5168176
Prezo de lanzamento729€650€659€Non facilitado

Co lanzamento do Note 4 queda claro que Samsung quere seguir apostando por esta liña de produto, convertida xa nun referente tanto para o mundo empresarial como para os usuarios máis exixentes.

Deixa un Comentario