HP presenta un novo Chromebook con datos 3G incluídos

hp chromebook 14

Aínda que os Chromebook non acaban de aterrar en Europa, con excepción do Reino Unido, están a funcionar bastante ben nos Estados Unidos. Por iso HP vén de engadir un novo modelo ao seu portfolio que destaca polo seu deseño ultrafino e lixeiro, ademais de por incorporar unha pantalla táctil de 14 polgadas.

Aínda que non coñecemos a fondo todas as súas especificacións, si que sabemos que integra a última xeración do procesador NVIDIA Tegra K1, optimizado para ter un consumo baixo de batería e cámara pensada para traballar con Hangouts.

O novo Chromebook 14 poderase mercar no noso país a partir do mes de novembro por 299 euros que inclúen 200 MB de navegación 3G sen custe e 100 GB de espazo extra en Google Drive durante 2 anos. Estará dispoñíbel en branco con acabados en prata, laranxa, turquesa e verde.

Se queredes saber máis sobre este tipo de dispositivos recomendámosvos que vos pasedes pola nosa análise do HP Chromebook 11.

One Response

  1. Juan Carlos 5 Setembro, 2014 Responder

Deixa un Comentario