Lenovo Vibe X2, a outra cara do dono de Motorola

lenovo vibe x2 2

Hai uns días Lenovo deu a coñecer o seu evento no IFA de Berlín cun convite no que trolleaba a Apple, que como sabedes cita aos medios o 9 de setembro para presentar o iPhone 6.  Así pois os chineses presentaron o novo Lenovo Vibe X2, o terminal de referencia da marca para os próximos meses.

O novo trebello incorpora unha pantalla FullHD de 5 polgadas, con procesador MediaTek de 8 núcleos a 2,2 GHz, 2 GB de memoria RAM e 32 GB de memoria interna. As súas cámaras son de 13 e 5 megapíxeles, para principal e frontal respectivamente. Ademais, a traseira ten estabilizador óptico, unha característica que está a ser case universal en todos os gama alta presentados neste IFA.

lenovo vibe x2 3

A súa batería é de 2800 mAh e conta con soporte para as redes 4G. En canto a software, sae con Android 4.4 KitKat personalizado pola interface do fabricante, Vibe UI 2.0, a cala é bastante intrusiva.

Polo de agora descoñecemos cando chegará o Lenovo Vibe X2 ao noso país; en calquera caso, a súa saída ao mercado está programada para o mes de outubro na China por 399 dólares.

 

Sobre o autor

Reply