Alcatel amosa a súa nova tablet Android: One Touch Hero 8

alcatel one touch hero

A francesa Alcatel  está a amosar estes días no IFA de Berlín a súa nova tablet One Touch Hero 8, un dispositivo cun deseño no que priman os acabados redondeados que a asemellan a un teléfono grande e que tan só pesa 310 gramos, o que a convirte nunha das opcións máis lixeiras do mercado.

A pantalla é, como o seu nome indica, de 8 polgadas, cunha resolución de 1920 x 1200. No seu interior atopamos un procesador MediaTek de 8 núcleos, 2 GB de memoria RAM e 16 GB de almacenaxe interno ampliábeis por microSD de até 32 GB. A cámara traseira é de 5 megapíxeles, mentres que a frontal queda nos 2. Doutra banda, a batería chega aos 4060 mAh, polo que é de prever que a autonomía sexa notoria.

alcatel one touch hero 2

A nova tablet de Alcatel vén con Android 4.4 KitKat cunha lixeria personalización e certificación miracast para poder transmitir a unha pantalla maior ou televisión o que aparece no panel da tablet de forma totalmente inarámica.

Dispón de conectividade ás redes móbiles 4G e chegará ao mercado en setembro (non sabemos prezo) acompañada dunha completa gama de accesorios.

Sobre o autor

Reply