Multiplícanse as opcións para vestir Android cos catro reloxos presentados no IFA

android wear ifa

En Mallando no Android somos aditos a todo e canto trebello se nos pon a tiro e estamos especialmente interesados nos últimos movementos en wearables como as Google Glass ou as posibilidades que ofrece Android Wear.

Os primeiros reloxos dotados con esta versión de Android adaptada aos vestíbeis foron os LG G Watch e o Samsung Gear Live, mais esta IFA serviu para descubrirmos un total de catro novas opcións que se adaptan a diferentes petos e gustos:

  • Moto 360: era o máis agardado, mais cumpliu as espectativas? A versión final non corrixiu o máis criticado desde que se coñece, unha pequena liña na parte inferior que fai que a esfera non sexa completa. Malia todo semella unha das opcións máis bonitas e mellor construídas. Custará 249 euros.
  • Asus Zenwatch: nin cadrado, nin redondo. Así é aposta de Asus, cunhas curvaturas e uns acabados moi profesionais. Súmase ao carro dos máis asequíbeis, terémolo por 199 euros.
  • LG G Watch R: a versión cadrada do G Watch durou máis ben pouco, mais co G Watch R podemos dicir que LG fixo os deberes cun produto apetecíbel e esteticamente bonito. Ser quizais a mellor opción actual fai que tamén sexa o máis caro, 299 euros.
  • Sony Smartwatch 3: Android Wear non, agora si. Sony finalmente apostou pola opción lóxica e xa ten tamén o seu Smartwatch con Android Wear, apostando polos deseños cadrados que tiñan o G Watch e o Gear Live. Estará nos 249 euros.

Tras estes catro novo modelos temos un total de seis opcións. Cal é a que máis vos tenta a vós?

2 Comentarios

  1. Jorge Lama 6 Setembro, 2014 Responder
  2. Jvare 8 Setembro, 2014 Responder
  3. Se multiplican las opciones para vestir Android con los cuatro relojes presentados en el IFA [gal] 8 Setembro, 2014 Responder

Deixa un Comentario