Android 5.0… Lion?

A data vaise achegando. Tal e como está previsto, en outono chegará a moi agardada versión 5.0 de Android, da que xa puidemos ver un adianto durante o Google I/O deste ano. Porén, o que non desvelaron daquela foi o nome que levará, máis aló da correspondente inicial “Android L” (xa sabedes que van por orde cronolóxica).

lion-h1

Mais os larpeiros de Google xogan sempre con postres para nomear as versións de Android e aínda que soaban Limon Pie e Lollipop – Licorca e Larpeira non estaban nos plans 😉 – un último rumor apunta a que podería ser Lion, repetindo nome patrocinado con Nestlé tras o éxito da campaña de marketing co KitKat.

Supostamente isto é o que aparece nun benchmark do Nexus 5, un terminal que segundo parece podería ter unha pantalla de 5,2 polgadas e resolución QHD (1440 x 2560 píxeles), procesador SnapDragon 805 a 2,7 GHz, 3 GB de memoria RAM, 32 GB de memoria interna e cámaras de 12 e 2 megapíxeles.

Será o Nexus 5 con Android L o voso próximo terminal?

Vía

Sobre o autor

Reply