Pepephone cambia a Movistar para ofrecer 4G

Pepephone-1

Hai uns días falabamos de que Vodafone estreaba redes LTE-A, unha rede que polo de agora non poden disfrutar os clientes das OMV que dependen de dito operador, como mobilR ou Pepephone. Esta negativa choca coa estratexia de Orange, que xa lle dá 4G a Amena e vén de anunciar que chegou a un acordo con Jazztel e “outra OMV”, imaxinamos que Simyo por volume de clientes.

Pepephone amosou a comezos de ano que mudaría aos seus clientes á rede de Yoigo para poder, precisamente, darlles acceso as prezadas rede de nova xeración, aínda que a negativa de Movistar (de quen depende Yoigo en moitos puntos nos que non chega coa súa propia cobertura) fixo que se replantexasen as cousas, para finalmente migrar directamente a Movistar.

O proceso levarase a cabo entre finais de ano e comezos do que vén e os clientes terán que mudar de tarxeta SIM, cargos cos que correrá Pepephone e que se cifran nuns 6 millóns de euros.

O mercado das OMV

As espectaculares cifras de altas que experimentaron a OMV hai un ano xa son cousa doutras épocas. O mes pasado Pepephone entrou por vez primeira en cifras negativas de captación, con 375 clientes menos, mentres que Tuenti perdeu fuelle ao ganar só 1928 clientes. Aínda que mantendo boas cifras, dado que só opera en Galiza, mobilR tamén sufriu un drástico descenso na ganancia de clientes, sendo o seu saldo positivo de 1940 novas liñas, moi lonxe da captación que tiñan hai un ano, cuxas cifras mensuais rondaban sempre os 10000 novos clientes.

Están os OMV condenados á súa desaparición?

Sobre o autor

Reply