Que sería de Android sen iOS e viceversa?

No 2007 naceu Android e ao ano seguinte presentaron o primeiro terminal con este sistema operativo no interior, o HTC Dream, mentres que Apple co seu  iOS chegou no 2007, da man do primeiro iPhone.

htc-dream

Firmware-Iphone-3g bis

 

 

 

 

 

 

Desde estas datas moitas melloras sufriron ambos os dous sistemas operativos. Se nun primeiro momento era iOS quen ía presentando as principais melloras e Android incorporábaas, conforme foi pasando o tempo as tornas cambiaron e foi ao revés, polo que chegamos a unha situación naque xa non queda claron que se inspira (ou inspirou) en quen.

Seguridade, estabilidade e personalización: Jailbreak vs Roms.

As bases sobre as que se asentan os dous sistemas son antagónicas. iOS é un sistema totalmente pechado e controlado por Apple. o que supón un problema para os desenvolvedores independientes e que se xustifica apostando pola estabilidade e seguridade. Isto fai que iOS sexa un sistema pouco personalizábel se o comparamos con Android.

Android é máis aberto o que lle permite ao usuario ter un maior control sobre o gadget equipado con este sistema operativo, adaptándoo aos gustos de cada un. Esta apertura fai que a tarefa dos desenvolvedores sexa máis doada e ao pouco de presentar unha nova versión do sistema teñan as súas aplicacións creadas ou adaptadas á nova versión.

E non só isto, se non que en calquera intre un usuario cun mínimo de coñecemento, pode crear a súa propia aplicación para cubrir unha necesidade persoal e mesmo subila á Play Store para compartir cos usuarios dun xeito gratuíto ou cobrando por ela (coa obvia comisión para Google, claro). Esta maior apertura, fai que tamén teñamos que ter coidado con que cousas instalamos no noso terminal, mirando moi moito de onde descargamos os apk’s.

É por iso que en iOS atopámonos con que cada vez son máis os usuarios que se animan co proceso de jailbreak nos seus terminais e vemos que a información na rede sobre ilo aumentou exponencialmente co paso dos anos.

evasi0n-jailbreak-mac-tutorial-09-941x1024

Resumindo moito, co jailbreak o que se lle permite ao usuario é romper coas dúas premisas esenciais de Apple para iOS: seguridade e estabilidade, co gallo de aumentar as posibilidades de personalización. Unha vez feito jailbreak, podemos instalar tweaks, que non son máis ca descargas que lle permite ao usuario instalar funcionalidades extra ao aparello.

Cos tweaks podemos engadir moitas opcións de personalización presentes en Android desde fai tempo como é a posibilidade de configuración da zona de notificacións, ademáis de outras funcionalidades propias que non están presentes tampouco en Android.

Un exemplo de incorporación en Android dunha funcionalidade propia de iOS, pode ser a aposta polos fabricantes de terminais con Android (que desenvolven as súas propias capas de personalización) polo desbloqueo do terminal empregando a pegada datilar.

SM-G900FZKAPHE-16-0 bis

apple-iphone-5s-huella-dactilar-sensor bis

 

 

 

 

 

 

 

 

Pola súa banda, Android conta coa posibilidade de permitir modificar o código fonte e a así crear roms adaptadas a terminais que xa foron abandonados polos seus fabricantes e que en base a decisións empresariais xa non entran nos calendarios de actualizacións.

roms-android

Outra opción é crear roms para darlle unha nova xuventude a terminais que directamente están obsoletos, pero aínda así poden correr se non a última versión de Android, si unha bastante actual, grazas ao traballo dos cociñeiros.

Ademáis tamén temos roms que están feitas para correr en terminais actuais. O que permiten estas roms é mellorar o rendemento xa que eliminan a capa de personalización do fabricante (o que é unha eiva evidente e recoñecida) conseguindo un rendemento sobresaínte do noso terminal.

Integración de hardware vs intragración de software.

Apple aposta por que todos os gadgets do noso fogar sexan da súa marca e así temos a posibilidade de mercar o telefono (iPhone) ou sobremesa (Mac mini, iMac ou Mac Pro). Se precisamos un gadget portátil, temos a familia MacBook e os iPad. Queremos tele ou un router?: Apple TV e  Airport Extrem, Express, Time Capsule. E para a música temos os iPod. Todo este hardware apoiado polo seu sistema operativo común fan que teñamos unha boa experiencia e poidamos enviar contido entre dispositivos dun xeito moi sinxelo e cómodo para o usuario.

Mentres que Apple aposta pola integración vía hardware, Google aposta máis polo software, e que o teñamos presente en tantos dispositivos como sexa posíbel, fabricados por eles ou por outras empresas. Google danos unha opción moi completa para que dun xeito sinxelo podamos instalar un abano de aplicacións que cubren moitas necesidades. Google de xeito nativo propociona GMail, Drive (almacenamento na nube integrado con Google Docs, Sheets,..), un traductor, Maps, Earth, Chrome, Youtube, … Con esta morea de aplicacións non nos vemos na necesidade de mergullarse na Google Play na procura doutras ferramentas que sustitúan algunha das de Google. Ademáis a integración co sistema Android é perfecta, como non pode ser doutro xeito.

company-products

É certo que para un sector máis profesional o Excel de Microsoft segue sendo insuperábel, no resto de aplicacións é dificil atopar opcións que melloren tanto as aplicacións de Google como para pensar en deixar de usalas: son aplicacións correctas e no día a día a maioria dos usuarios, mesmo os máis avanzados, non precisamos máis.

Conclusións.

Con esta pequena reflexión, só pretendemos sinalar que na nosa opinión os dous sistemas operativos deben convivir e pelexar a partes iguais, xa que se unha característica é boa, vai acabar nas dúas plataformas antes ou despois, dun xeito oficial ou non, e os benefiaciados seremos sempre os usuarios.

Onte mesmo Apple presentou os seus novos iPhone 6 con algunha novidade sobre o modelo anterior, e Google lanzará o Nexus 6 en cuestión de semanas, coas últimas melloras da casa. Ambas as dúas son (e serán) unha boa solución para as necesidades dos usuarios máis exixentes, mais serán as prefrerencias de cada un as que deben primar para elixirmos con cal quedamos. Que sistema é mellor? Pois non o temos claro. Preferimos falar de cal nos gusta máis ou cal cubre mellor as nosas necesidades, pero non diremos nada novo; nós estamos moito máis cómodos usando Android e todo o seu ecosistema.

Sobre o autor

No Responses

Reply