Como facer unha restauración de fábrica

Cando fai anos comezaron a sair os primeiros terminais táctiles, non imaxinabamos o que poderiamos facer con eles até converterse nun imprescindíbel no noso día a día. É por iso,  polo que temos que deixar de ver estes aparellos como un teléfono e comezar a velos como pc’s que levamos no peto e por isto precisan un mantemento.

Deste xeito, co pasos dos meses imos probando aplicacións, desinstalamos unhas e instalamos outras, accedemos á web dende o noso navegador e moitas outras tarefas que van deixando rastro no noso terminal, polo que co paso do tempo imos vendo que día a día vai máis lento.

En parte amañamos isto cun sinxelo reseteo seguindo esta ruta:

Axustes – Copia de seguridade e reinicio – Restaurar datos de fábrica

2014-08-18-19-53-38

2014-08-18-19-53-55

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Como vemos cando entramos na opción de restaurar o que imos facer é borrar todo tipo de información presente no noso terminal polo cal, se queremos gardar algo teremos que sacalo fora do smartphone antes de comezar o proceso.

Unha vez rematado, o teléfono atópase como o primeiro día que o mercamos e o ideal sería facer unha instalación limpa das aplicacións sen restaurar dende algunha copia de seguridade e configurando de novo a nosa conta de Google.

Só queda comezar a usalo notando unha importante mellora no seu rendemento.

 

Deixa un Comentario