Wiko Goa: un Android básico por tan só 59 euros

wiko goa_

Aínda que pouco a pouco imos estando afeitos a termos terminais a prezos moi axustados, rara vez nos atopamos con algo por baixo dos 100 €. É o caso do Wiko Goa, un novo terminal Android que ocupa a gama baixa e que só custa 59 euros.

Como podedes imaxinar, por este prezo pouco podemos pedir, polo que estamos a falar dun dispositivo que podería estar orientado a persoas non afeitas aos smartphones pero que queren empregar algunha funcionalidade básica, como WhatsApp. O trebello vén equipado cunha pantalla TFT de 3,5 polgadas, procesador de dobre núcleo a 1 GHz, 4 GB de memoria interna ampliábeis por microSD de até 32 GB e cámaras de 2 e 1,3 megapíxeles para traseira e frontal, respectivametne.

Vén con Android 4.4 KitKat e dispón de ranura dualSIM para podermos empregar dúas tarxetas a un tempo. Pódese adquirir en branco ou negro.

Sobre o autor

Reply