OnePlus sobre un fallo nos seus trebellos: “hostia puta, se non amañamos isto estamos mortos”

one plus one

Desde o seu lanzamento, o pasado mes de abril, o OnePlus One situouse como un dos trebellos Android máis prometedores do ano. Non é para menos, pois estamos a falar dun dispositivo que por pouco máis de 200 euros nos ofrece unha pantalla de 5,5 polgadas con resolución 401 ppp, procesador SnapDragoin 801 a 2,5 GHz, 3 GB de RAM, 16 GB de memoria interna e cámaras Sony de 13 e 5 megapíxeles.

Porén, segundo parece, una gran número de terminais están a sufrir un grave fallo en pantalla que fai que esta deixe de responder ao tacto, algo inadmisíbel en calquera smartphone de hoxe en día. As queixas dos usuarios multiplícanse nos foros e compañía vén de amosarse desesperada ante este erro que lles pode costar a credibilidade de por vida.

Neste senso, o usuario oficial da compañía compartía en Reddit a seguinte mensaxe:

Xente, en serio, non nos presionedes máis, porque estamos fodidamente agobiados con esta merda. Síntoo pola linguaxe. Ter un teléfono de pantalla táctil cunha pantalla táctil que non funciona é a morte dunha empresa. Non somos parvos, entendémolo moi ben. Neste momento temos dous problemas (a atención ao cliente e o da pantalla táctil) categorizados como “hostia puta, se non amañamos isto, estamos mortos”. Confiade en que no lo estamos a topar moi en serio e que temos unha chea de empregados traballando nestas cuestións.

Posteriormente suavizaron o comentario mais… que pensarán os clientes afectados?

Vía

2 Comentarios

  1. Jorge Lama 14 Setembro, 2014 Responder
    • Iago Varela Martínez 14 Setembro, 2014 Responder

Deixa un Comentario