Android One xa é oficial

Durante o Google I/O anuncióusenos a chegada de terminais Android One, a estratexia de Google pensada para achegar as novas tecnoloxías a países en vías de desenvolvemento. Hoxe faise oficial coa chegada de varios dispositivos.

Tal e como sabiamos, o obxectivo do proxecto é ofrecer terminais de boa calidade e prezo baixo, de maneira que máis persoas de todo o mundo poidan disfrutar das vantaxes par ao coñecemento que supón contar cun smartphone. Os dispositivos Android One contan con cámaras frontais e traseiras, memoria expandíbel e capacidades dual SIM, unha necesidade básica nos países menos desenvolvidos. Todos veñen con 1 GB de RAM e procesadores de catro núcleos, polo que estamos a falar de smartphones moi decentes.

android one

En canto a software, os trebellos Android One dependerán directamente de Google, polo que virán coa versión stock actualizábel, por exemplo a Android L antes de final de ano.

Nun primeiro momento estará dispoñíbel só na India por 6399inr, que ao cambio son uns 80 euros. A maiores, se se merca cunha tarxeta Airtel poderán disfrutar 200 MB mensuais de xeito totalmente gratuíto. De cara finais de ano tamén chegará a Indonesia, Filipinas, Bangladesh, Nepal, Pakistán e Sri Lanka.

Sobre o autor

No Responses

Reply