Así podería ser o Oppo N3

Oppo N3

Cando hai uns meses descurbimos o Oppo N1 sorprendeunos, ademais da súa boa relación calidade – prezo, a presenza dunha cámara xiratoria. O seu sucesor, que estaría a piques de ser presentado, repite estratexia, aínda que con un deseño diferente e innovador que vén de ser filtrado.

Como podedes ver na imaxe superior, o Oppo N3 tamén aposta por unha potente cámara con posibilidade de xiro,  que supón un grande aforro e achega resultados de calidade tamén na parte frontal, un aspecto ás veces descoidado polos fabricantes. No mesmo lugar situaríanse os altofalantes, un a cada lado.

Non existen datos sobre as especificacións coas que contaría este novo dispositivo,  aínda que se temos en conta o N1 poderíamos adiantar que será de novo un trebello digno de competir cos máis grandes do panorama Android.

Que pinta vos ten?

Vía

Sobre o autor

No Responses

Reply