Android Silver tería sido cancelado. A razón? Android One

android silver

Meses atrás falouse moito do futuro da saga Nexus, primeiro que podería desaparecer como tal, aupando Android Silver, un proxecto que viría a ser algo semellante aos terminais Google Edition (Android stock en terminais premium de diversas marcas), aínda que Google confirmaría a convivencia de ambos programas.

Poreń, segundo apunta The Information, Google estaría pensando en abandonar Android Silver antes de terse feito público en que consistiría realmente. A razón? Apostar firmemente por Android One. A idea ten todo o sentido do mundo, pois aínda que na base son o mesmo, actualizacións controladas por Google, as gamas premium adoitan estar ben coidadas polos fabricantes, que ofrecen solucións diferenciadoras e que satisfacen aos clientes fronte á versión stock de Android.

Poñamos por caso o recén estreado Samsung Galaxy Note 4: cunha versión stock de Android sería un teléfono con pantalla grande no que poder disfrutar das aplicacións da Play Store, mais a capa de personalización que achega Samsung consegue facer do dispositivo unha ferramenta imprescindíbel para os usuarios máis avanzados e profesionais.

Non é a primeira vez que Google conxela proxectos antes de que estes vexan a luz, unhas veces porque non lle ven xeito comercial (ás veces esquecemos que no fondo Google o que quere é gañar cartos), outras porque non están suficientemente maduros e, nalgúns casos, porque nós, como sociedade, non estamos preparados para eles.

Sobre o autor

Reply