Ingress: o xogo que cambia a túa vida para sempre

Fai case xa dous anos Niantic Labs (propiedade de Google) lanzou  Ingress, unha divertida aplicación basada na tecnoloxía de realidad aumentada que invitaba os usuarios de Android a xogar co mundo real que nos rodea. Nos seus comezos era unha versión beta pechada na que só se podía entrar mediante invitación. A día de hoxe xa a podemos descargar tranquilamente dende a Play Store, vendo o éxito a nivel global do xogo, o estudio decidíu ampliar os seus horizontes e  tamén podemos atopar a súa correspondente versión do xogo no App Storee dende hai un par de meses.

Todo isto ven acompañado de lemas tan suxerentes como “o mundo tal e como o coñeces non é o que parece” ou “está sucedendo ao teu arredor, non veñen, xa están aquí” se non terminas de entender de que vai o conto, non te preocupes porque a idea principal é esa, manter o misterio ata ó final, iso é o que dixeron os seus creadores. Outra das cousas que nos din dende Mountain View é que o traballo en equipo é unha das máximas desta aventura, xa que, a finalidade do xogo é ir conquistando territorios ó inimigo para que os controle o teu bando… pero tamén protexer os que xa teñas dos ataques opostos.

Agora que xa falamos un pouco da idea e de onde o podemos descargar se o queremos probar, imos meternos un pouco no mundo de Ingress. O xogo básicamente consiste no enfrentamento de dous bandos, os Iluminados e a Resistencia, para facerse co poder e intentar controlar zonas do planeta, mentras a aplicación para o teu dispositivo móbil che axudará a recoller unha especie de enerxía especial chamada “materia exótica” -ou XM- facendo uso desta enerxía pódense ralizar diferentes accións. A fundamental, conquistar e controlar portais, puntos onde se concentra o XM e que soe estar en puntos de interés do mundo real, como edificios históricos, prazas, esculturas… ou lugares máis simples como poden ser parques, fontes ou graffitis.

Ingress é un xogo social, onde as interaccións e colaboracións entre axentes son fundamentais para o progreso da túa facción. ¿Qué fas se un axente rival estivera atacando un dos teus portais, e ti non te atopas nese intre alí? Poderías tratar de defendelo dende o lugar no que te atopases, pero o máis probable é que a mellor defensa sexa a dun axente do teu bando que esté cerca e  che poida votar unha man.

Dende eiquí vos animo a que o descarguedes e o probedes, estou seguro que unha vez que xoguedes non o deixaredes.

One Response

  1. maseda 17 Setembro, 2014 Responder

Deixa un Comentario