Os clientes de Vodafone poden disfrutar de 4G en 25 países

MAPA ROAMING 4G 25 PAISES SEPT 14 VODAFONE ESPAÑA

Hai uns días falabamos das novidades no 4G de Vodafone, a compañía que a día de hoxe ten a mellor rede operativa destas características no noso País e no resto do Estado. Agora, os clientes da compañía poderán seguir gozando destes accesos de alta velocidade en 25 países repartidos por todo o mundo, dos cales 16 están en Europa.

Grazas aos acordos de Vodafone con outras operadoras, os clientes que teñan unha SIM compatíbel con 4G (todas as micro e nano SIM xa o son) poderán navegar a 150/50 Mbps, controlando o que gastan coa Tarifa de Viaje, que ten un custe de 3 €/día en Europa e 8 €/día no resto do mundo e inclúe todas as comunicacións do día que se use segundo a seguinte táboa.

  Europa Mundo
CLIENTES en tarifas RED 1000 min

1000 SMS

1GB/mes

3€/día 50 min

50 SMS

50 MB/día

8€/día
Resto de CLIENTES 50 min

50 SMS

50 MB/día

20 min

20 SMS

20 MB/día

Os países nos que se pode disfrutar do 4G son Alemania, Austria, Francia, Eslovenia, Bélxica, Croacia, Grecia, Holanda, Italia, Noruega, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Rumanía, Suiza, Estados Unidos, Xapón, Rusia, Corea del Sur, Brasil, Hong Kong, Nova Zelanda, Taiwán e Singapur.

Ademais dos citados, os clientes de Vodafone poden disfrutar das mesmas cantidades de minutos, SMS e datos (aínda que no nen 4G) no resto de países UE, Islandia, Liechtenstein, Albania, Turquía, Marruecos, México, Brasil, China, Colombia, Rusia, Chile, Argentina, Perú, India, República Dominicana, Sudáfrica, Ecuador, Arabia Saudí, Israel, Panamá, Australia, Xapón, Uruguay, Exipto, Qatar, Costa Rica, Paraguay, Filipinas e Guatemala.

Sobre o autor

Reply