Energy Extra Battery: 2500, 5000 ou 10000 mAh para non quedar sen batería

Un mal que afecta aos nosos trebellos electrónicos é a dependencia da enerxía. Na meirande parte dos casos os nosos smartphones teñen que pasar polo enchufe unha vez ao día e só honrosas excepcións conseguen resultados mellores.

Se non queremos sufrir as consecuencias de quedar sen batería cando precisamos o noso smartphone, cómpre que teñamos a man unha batería externa ou cargador de emerxencia, como as opcións que nos presenta Energy Sistem.

energy extra battery

Dispoñíbeis con 2500, 5000 ou 10000 mAh de capacidade, as novas Energy Extra Baterry destacan por dispór de cable microUSb integrado e un sistema de protección ante sobrecargas, picos de tensión ou cortocircuítos.

A opción máis pequena, de 2500 mAh, está pensada para os casos máis habituais de ter que darlle unha dose extra de enerxía ao noso smartphone, mentres que as opcións maiores dispoñen de 2 saídas USB para poder cargar varios dispositivos a un tempo, polo que resultan moi interesantes de cara a viaxes ou similar.

Pódense mercar por 12,95 € (2500 mAh), 25,90 € (5000 mAh) ou 44,90 € (10000 mAh)

Deixa un Comentario