Samsung prepara novos modelos da serie Alpha

filtracion galaxy a5

Logo da presentación oficial do Samsung Galaxy Alpha o pasado mes de agosto, que se vén de poñer á venda no noso País esta mesma semana, comezan a aparecer as primeiras imaxes e especificacións de novos modelos desta nova liña de produto, que ten toda a traza de vir para ir eliminando as series Galaxy Mini e Galaxy Ace.

O novo Galaxy Alpha A3 (SM-A3000) vén de aparecer nun test de rendemento que confirmaría que está pensado para gama de entrada, xa que vén un procesador Snapdragon de 64 bits con catro núcleos e frecuencia 1,2 GHz, 1 GB de memoria RAM e pantalla de 4,8 polgadas con resolución 540 x 960 píxeles. As cámaras son de 8 e 5 megapíxeles, para traseira e frontal respectivamente, e como sistema operativo tería Android 4.4.4 KitKat.

filtracion galaxy a5 - 2

Doutra banda, o Galaxy Alpha A5 (SM-A500), ao que corresponden as imaxes do artigo, iría un paso por riba, con pantalla de 5 polgadas e resolución HD, cámaras de 14 e 5 megapíxeles, procesador Snapdragon 400, batería de 2330 mAh e 15 GB de memoria interna ampliábeis por microSD.

Certamente, sería un acerto que Samsung tratase de reducir a inmensa cantidade de gamas, moitas veces confusas, reducindo a 3 ou 4 opcións (coas súas posíbeis variantes en tamaño ou prestacións). Que vos parece a vós?

Vía

Deixa un Comentario