Botádesnos unha man?

equipo android

A estas alturas imaxinamos que todas e todos vós estades familizarizados co termo ‘crowdfunding’ ou financiamento colectivo. Trátase dun xeito de xuntar pequenas axudas económicas para levar a cabo un proxecto común e, tras meditalo moito, vémonos na necesidade de iniciar este proceso.

Por poñer un exemplo, os 62 € do .gal supoñen para un proxecto sen ánimo de lucro coma o noso unha cantidade certamente inasumíbel, xa que é un gasto que se suma aos xa habituais de mantemento do blog, envíos cando facamos algún sorteo, cobertura de feiras, etc.

É por iso que nos gustaría pedirvos que nos botárades unha man para poder seguir mantendo vivo este proxecto común cunha pequena doazón económica, que poderedes facer sempre que queirades. Pola nosa parte, comprometémonos a informar periodicamente das cantidades recadadas e investidas no blog, detallando estes gastos.

Na columna da esquerda atoparedes a caixa de doazón, que se fará a través de Paypal, pagando cunha desas contas ou con tarxeta. Dispomos de 3 cantidades de colaboración prefixadas: MiniMallandroid (3 €), Mallandroid (5 €) ou MaxiMallandroid (10 €), aínda que se tamén podedes achegar outras cantidades múltiples desas 3 mudando o número de ‘Mallandroids’ durante o proceso de compra.

Contamos con vós?

Grazas 🙂

Sobre o autor

2 Comments

  1. Nelo 22 Setembro, 2014 Responder
    • Iago Varela Martínez 22 Setembro, 2014 Responder

Reply