Hoxe queremos compartir con vós a nosa opinión sobre un terminal moi axustado en prezo que está dando moito que falar, xa que ten unhas especificacións moi interesantes. Falamos do BQ Aquaris E5.
O E5 é un dos membros da renovada familia Aquaris da firma española, do que podemos destacar as seguintes características:
Especificacións | |
Polgadas/Resolución/ppi | 5″ / 720×1280 / 294 |
Procesador | Quad Core Cortex A7 hasta 1.3 GHz MediaTek |
GPU | Mali 400-MP2 hasta 500 MHz |
RAM | 1 GB |
ROM | 16 GB |
Batería | 2500 mAh |
Cámaras | 13 mpx na principal e 5 mpx para dianteira |
Versión de Android | Kit Kat, 4.4.2 |
Deseño e pantalla
A renovación da familia Aquaris ten como punto característico o seu deseño común para todos os tamaños dispoñibéis. A nosa unidade, a de 5″ ten as seguintes dimensións: 142 x 71 x 8,65 mm. Ademáis no lateral dereito temos os botóns de volume e de encendido. No lateral esquerdo temos as dúas ranuras para as microSIM, pois BQ aposta polos terminais dualSIM. Na parte superior atopamos a ranura para a microSD e na inferior temos o enchufe de corrente.
Na nosa opinión a colocacións dos botóns é axeitada resultando moi cómodo o acceso a eles máis o tamaño do terminal unido aos bordes tan marcados fan que na nosa opinión, non sexa moi cómodo levalo na man durante un periodo logo de tempo.
Da pantalla queremos destacar que conta cunha tecnolóxia IPS na súa composición que xunto coa resolución HD fai que nos atopemos ante unha pantalla de calidade que nos permitirá desfrutar de todo tipo de contidos multimedia.
Software
Neste apartado queremos sinalar algúns aspectos que nos chamaron a atanción. Son:
- Dobre Tap. BQ incorporou esta funcionalidade para desbloquear a pantalla ao máis puro estilo LG. Iso si, á hora de bloqueala só funciona se non estamos na pantalla principal (é dicir, só bloquea desde a pantalla de boqueo, valga a redundancia).
- Editor fotos. Cando accedemos á galería na procura dunha foto que teñamos gardada, cando a maximizamos, atopamos na parte inferior un acceso a un completo editor co que modificar a foto. Podemos engadir marcos, mudar o brillo, cambiar o aspecto e mesmo recurtar a foto.
- Launcher: Un punto a favor deste terminal é contar con Google Now Launcher que é o launcher que trae por defecto os terminais Nexus. Non apostar por unha capa de personalización propia, fai que o terminal teña un bo rendemento ademáis de que os tempos de actualización veranse mellorados por non ter que adaptar a capa de personalización á nova versión de Android, como teñen que facer outros fabricantes.
Multimedia
O E5 ten dous puntos destacabéis neste apartado: a cámara principal e o sistema de son.
No aparatado fotográfico queremos destacar algunhas características técnicas como son a apertura de ƒ/2,2 na cámara principal co que entra unha boa cantidade de luz o que inflúe directamente na calidade da foto. Outra característica a destacar é que a cámara ofrece 13 mpx reais e 18 mpx interpolados. Con este último dato temos que ter moito coidado xa que o único que ocorrre é que a cámara déixanos facer unha foto de maior tamaño imaxinando que ten máis megapíxeles dos que realmente ten, sacrificando calidade.
Outro punto que nos gústou foi o procesado das panorámicas xa que non vemos nada raro á hora de unir cada fotografía para dalle forma a panorámica, conseguindo un resultado satisfactorio.
Nas fotos máis de preto atopamos que a cámara ten máis problemas, xa que no noso exemplo vemos algo de ruído na parte da dereita.
En xeral, as cámaras coas que conta o terminal pérmitenos facer unhas fotos decentes coas que conservar de xeito aceptable os nosos recordos.
No apartado de son queremos destacar que conta cun sistema Dolby co que obtemos calidade e potencia algo sempre desexable se consumimos moitos vídeos ou escoitamo música acotío.
Conclusións
Na nosa opinión é unha boa alternativa se buscamos un terminal de pantalla grande acompañada dun bo rendemento. Ademáis é o terminal axeitado para todos aqueles que busquedes un móbil para xogar pois fixemos unha proba co Asphalt 8, un xogo que consume bastantes recursos, obtendo un experiencia totalmente satisfactoria pola ausencia de lags e transicións entre pantallas a boa velocidade. Logo dun tempo prolongado xogando, arredor dunha hora, o terminal non se quentaba dun xeito destacábel.
Outro dos seus puntos mías fortes e a batería xa que os seus 2500 mAh permítenos pasar a xornada sen problemas cun uso intenso (pouco máis de 3 horas e media de pantalla). En resumo é unha boa opción que ademáis este mes podemos atopar promocionado a través do operador galego R.
Ten conectividad e 4G?
*conectividade
Non, só 2G – 3G
2G GSM (850/900/1800/1900)
3G HSPA+ (900/2100)
Pois xa me fodiches. Estou pensando en mercar un móbil para a miña muller e paréceme boa opción, mais non sei se agardar que lle poñan 4G ao Moto G 2014.
Aínda que 84€ con R é un prezo caralludo para as especificacións que trae, non sei se sacrificar o 4G que ademais non sei cando chegará a R.
Algún consello/opinión sobre o tema?
Pois depende un pouco de “heavy user” que sexa a túa muller. Como comentas, non está claro cal será a data na que chegue o 4G a R, polo que se desexas ter esa tecnoloxía vas ter que mudar de compañía a unha “das grandes” ou Pepephone de cara final de ano.
Salvo esta última opción, Pepephone, e Yoigo, as tarifas con 4G adoitan ser máis caras, mais beneficiosas para coller un terminal compatíbel con estas redes, xeralmente de gama alta.
A miña opinión persoal é que, se queres algo que estea preparado para o 4G agardes un pouco a ver se sae a versión LTE do Moto G deste ano. En calquera caso, para usuarios non moi avanzados (refírome a xente que non precise de conectividade constante e boa), apostar polo 4G non é indispensábel
Grazas, Iago.
O GPS chegaches a probalo? Eu veño dun que ten moitos problemas para coller o sinal GPS e non querería caer noutro igual.
Boas Iván.
Si, probamos o GPS e nós non tivemos problemas co seu funcionamento. Todo foi ben nos días que o probamos.