InstaSize, unha sinxela app para subir a fotos Instagram sen limitacións de tamaño

Os máis puristas igual se anoxan con nós pola aplicación que analizamos hoxe, pero o certo é que nalgunhas ocasións é bastante molesto cando queremos compartir unha foto en Instragram ter que recurtala atopándonos con que parte do contido non sae polas limitacións da propia Instagram. Para solucionar isto, temos InstaSize que é unha app que nos axuda a subir fotos  sen ter que recurtar a foto baixo os criterios de Instagram.

O funcionamento de InstaSize é básico. Abrimos a app e collemos da galería ou facemos unha foto. A esta, poñémolles a cor máis axeitada ao fondo; no noso exemplo negro. Tal e como vemos no exemplo, así quedaría a foto que imos compartir.

2014-09-23-09-12-38

Con isto, a foto queda lista para subir a Instagram e se o desexamos, aplicarlle os filtros típicos da rede social.

A maiores, InstaSize conta con funcionalidades propias para ofrecelle ao usuario unha completa serie de opcións para que a foto saía da aplicación completamente editada ao noso gusto. Como vedes a continuación, entre outras opcións podemos facer un collage aplicarlle filtros ou mesmo engadir algun texto á fotografía.

2014-09-23-09-19-17

Pensamos que InstaSize é unha app a ter en conta se buscamos facer este tipo de edición fotográfica dun xeito sinxelo é rápido. Podedes descargala de xeito totalmente gratuíto desde a Play Store

Sobre o autor

Reply