Xiaomi Redmi 1S: novo record de vendas

Xiaomi-red-rice-3

No seu día comezou como unha pequena empresa de telefonía chinesa, mais logo de catro anos de duro traballo, podemos falar de Xiaomi como unha compañía que xa ten un recoñecemento mundial grazas a produtos cada vez máis potentes e fiables, que ademais dispón dunha comunidade de case 70 millóns de persoas.

O gran éxito obtido recentemente polo Redmi Xiaomi 1S, fixo que escalase ata o quinto posto na producción de terminais intelixentes. A maior parte do seu mercado atópase na India, onde obtivo outro record de ventas. No cal, vendeu un lote de 60.000 unidades nun tempo de 5,2 segundos, case unhas 12.000 unidades por segundo.

image_new

Falamos dun terminal que conta máis ou menos coas mesmas características dun Moto G.

  • Pantalla 4.7 “HD 720p
  • Qualcomm S400 CPU quad-core
  • 1 GB de RAM
  • Cámara de 8MP

E se a isto lle engadimos que o podemos atopar por un prezo de 130€ (Amazon), chégase a entender esa velocidade nas ventas.

Aínda tendo en conta o éxito obtido, Xiaomi pode ter preparado xa un sucesor máis poderoso ca o actual, listo para desafiar tanto á competencia local como a de outras máis coñecidas no mercado internacional. Estamos preparados?

One Response

  1. Rubenix 24 Setembro, 2014 Responder

Deixa un Comentario