É este o Nexus 6/X?

nexus 6

O mes que vén ou, como moito, en novembro, Google presentará o novo Nexus e a nova versión de Android, polo de agora Android L. Por iso é normal que os rumores e imaxes filtradas sexan unha constante a partir de agora, e a primeira que se filtra é que a temos neste artigo.

Confirmaríase con ela que o fabricante será Motorola, e que o Nexus ten o nome en clave Shamu, un dispositivo do que xa falamos en máis dunha ocasión.

As súas características situaríano na gama alta, incluíndo unha pantalla de 5,92 polgadas, procesador SnapDragon 805 a 2,6 GHz, 3 GB de RAM e 32 GB de memoria, aínda que imaxinamos que haberá máis opcións de almacenaxe. A súa batería quedaría nos 3200 mAh e as cámaras de 13 e 2 megapíxeles.

En certa medida, o dispositivo lémbranos ao Moto X no seu deseño, cunha posición practicamente similar para o que son botóns, jack, microUSB e tarxeta SIM.

Que vos parece?

Vía

Sobre o autor

One Response

  1. Jorge Lama 25 Setembro, 2014 Responder

Reply