Hoxe ponse á venda o Samsung Galaxy Alpha

00_SM-G850F_011_black

Hoxe chega ás tendas do noso País o Samsung Galaxy Alpha, un dos últimos trebellos da compañía coreana que, xunto ao Galaxy S5 e o Galaxy Note 4 conforman o trío de éxito no seu portfolio de dispositivos.

Non cabe dúbida que o terminal destaca polo seu deseño innovador sobre o resto de produtos do fabricante, con borde metálico e esquinas curvadas, ademais de integrar unha carcasa traseira suave ao tacto.

01_SM-G850F_003_blue

No seu interior atopamos un procesador octa core, combinando catro núcleos a 1,8 GHz e outros catro a 1,3 Ghz. A súa memoria interna é de 32 GB e a pantalla un panel HD Super AMOLED de 4,7 polgadas. Complementan o trebello dúas cámaras, a principal de 12 megapíxeles

O novo Samsung Galaxy Alpha pódese mercar por 599 € no mercado libre, estando dispoñíbel en cor prata, dourado, negro, branco e azul. Así mesmo tamén nos podemos facer con el a través dalgunha operadora, como Vodafone, Orange ou Movistar.

Sobre o autor

Reply