Subway Surfers: continúa correndo e saltando, desta vez pola cidade exipcia do Cairo

Subway SurfersCairo

Voltamos cunha nova actualización do Subway Surfers xogo que como ben di unha das frases que podemos atopar na súa descricción en Google Play é !CORRE canto poidas! lévanos desta vez a cidade do Cairo no antigo Exipto, despois de xa ter pasado por cidades como Roma, Miami, New York….

Como podemos atopar nas últimas actualizacións, desta vez adentrámonos na antiga cidade exipcia do Cairo, e como vén sendo habitual imos a atoparnos cunha nova personaxe, neste caso feminino, Jasmine, que nos deleita cunha vestimenta completamente acorde coa cidade na cal se realiza esta etapa do xogo. Ademáis atoparemos novas misións pola cidade exipcia, como novas táboas coas que poder aumentar a nosa colección.

Subway SurfersCairo2

A xeito de resumo, deixámosvos aquí as listaxe das principais novidades da última actualización:

★ O Subway Surfers World Tour continúa en Exipto
★ Explora O Cairo con Jasmine, a princesa aventureira
★ Usa Headstarts extra para comezar a correr máis rápido
★ Completa máis misións dunha soa vez para conseguir Awards espectaculares
★ Aumenta a túa colección con poderosas Board Upgrades
Podedes descargar Subway Surfers desde a Play Store, aínda que tamén está dispoñíbel para iOS e Windows Phone.

Sobre o autor

Reply