Movistar presenta as novas tarifas VIVE, lonxe aínda da competencia

movistar

A finais da semana pasada coñecemos como quedan a tarifas de mobilR tras un proceso de remodelación total das mesmas e hoxe é a quenda de Movistar, que tamén terá novidades importantes a partir do 1 de outubro coa incorporación das novas tarifas VIVE.

Estas tarifas están pensadas para usuarios activos, xa que todas elas inclúen navegación en 4G, Nubico (servizo de lectura de libros) e MultiSIM na opción máis cara. O seu prezo (IVE incluído) dependerá dos datos e minutos incluídos en cada unha delas:

  • Vive 11 (11 €/mes): 800 MB e chamadas a 0 cént/min
  • Vive 22 (22 €/mes): 1,1 GB + 200 minutos
  • Vive 30 (30 €/mes): 2 GB + chamadas ilimitadas + sms ilimitados.
  • Vive 43 (43 €/mes): 4 GB + chamadas ilimitadas + sms ilimitados.

Tras este movemento Movistar adianta a Orange (31 €), Vodafone (32 €) e Yoigo (32 €) na tarifa ilimitada con 2 GB, aínda que na nosa opinión segue compensando mobilR (24 €) malia que a operadora galega inclúa “só” 300 sms. Algo semellante pasa coa opción de 4 GB, xa que novamente mobilR resulta tremendamente máis barata (36 €) ca Movistar, o mesmo ca Yoigo (39 €).

As dúas opcións máis económicas non compensan desde ningún punto de vista. Practicamente todos os operadores teñen opcións moito máis baratas e con máis megas incluídos para navegar, nalgún caso mesmo case duplicando a cantidade.

Que vos parecen estes novos cambios?

 

3 Comentarios

  1. Pepito 29 Setembro, 2014 Responder
    • Iago Varela Martínez 29 Setembro, 2014 Responder
      • Pepito 29 Setembro, 2014 Responder

Deixa un Comentario