Controla Twitter desde o pulso grazas a Twitter for Android Wear

tw android wear

Até o de agora Twitter non lanzou a súa aplicación completamente adaptada aos reloxos Android Wear, mais isto xa non é un problema grazas a unha aplicación desenvolta no noso País e que está a dar moito que falar estes días. Falamos de Twitter for Android Wear.

twitterandroidwear

Twitter for Android Wear é un cliente plenamente adaptado aos reloxos Android Wear que nos permite xestionar a nosa conta da sonada rede de microblogging desde o noso pulso. Grazas a ela poderemos acceder ás funcións básicas de Twitter, como visualizar o noso timeline ou levar a cabo accións sobre tweets individuais (retweet ou marcar como favorito), todo dun xeito sinxelo e intuitivo.

Ademais, todo o código da aplicación é open source e a documentación está dispoñíbel nesta ligazón de GitHub para que todo o mundo poida consultar.

Podemos descargar Twitter for Android Wear de xeito totalmente gratuíto desde a Play Store.

Deixa un Comentario