Motorola Nexus 6: especificacións practicamente confirmadas

motorola nexus 6 render

Xa comentabamos hai uns días que  os rumores arredor do novo Nexus ían ser unha constante estes días, xa que o seu lanzamento é inminente. Un novo render confirmaría o seu aspecto final, que chega xunto coas especificacións que integrará o novo smartphone referencia con selo Google.

Segundo os últimos datos, o Motorola Nexus 6 integra unha pantalla de 5,9 polgadas (QuadHD 2560 x 1440 íxeles, 496 ppi), o que supón un importante salto desde as 5,2 – 5,5 que teñen os principais dispositivos Android. A súa batería é de 3200 mAh, con carga rápida de 15 minutos, e as cámaras de 13 e 2 megapíxeles.

Outra cousa que quedaría confirmado é que Android L será a versión 5.0 (mirade a hora), que ademais chegará con novas iconas para as chamadas, Play Store e mensaxes.

Que vos parece o que se vai sabendo do novo trebello?

Vía

4 Comentarios

  1. Álvaro M. Souto 30 Setembro, 2014 Responder
  2. Ángel Pereira 1 Outubro, 2014 Responder
  3. Rubenix 2 Outubro, 2014 Responder
    • Iago Varela Martínez 2 Outubro, 2014 Responder

Deixa un Comentario