Guieiro Musical a túa app para non perderte nada da axenda musical galega

Queremos compartir convós unha aplicación chamada Guieiro Musical que nos permite seguir dun xeito sinxelo os principais festivais e novas musicais do noso País.

guieiro1

A app é basicamente informativa xa que só temos que abrir e premer na a opción sobre a que queremos ter información: axenda para os próximos días, información sobre festivais ou novas de carácter xeral.

guieiro2

guieiro3

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ademáis a aplicación conta con tres accesos directos ás redes sociais nas que ten presenza Grueiro Musical: Twitter, Facebook e Youtube.

O único punto negativo é que conta cunha pestaña de settings que cando prememos sobre ela, non temos resposta e non podemos facer ningún axuste sobre a app. Agardamos que sexa solucionado en próximas actualizacións.

Podedes descargar Grueiro Musical dende a Play Store de balde.

Deixa un Comentario