Sony inicia a prevenda dos seus wearables presentados no IFA 2014

Despois da saída oficial a mercado do Xperia Z3, sen ningún tipo de erro e o mesmo tempo, na maioría de mercados, evitando o que sucederá co Xperia Z2, atopámonos como o fabricante xaponés abre a preventa de dous dos seus dispositivos presentados a principios de mes no IFA 14.

Neste caso, falamos do SmartBand Talk SWR30 e o SmartWatch 3 SWR50 dous “wearables” moi interesantes cos cales a familia de Sony quere entrar na loita para controlar o novo mercado dos dispositivos con Android Wear.

No primeiro caso falamos dunha pulsera con pantalla de tinta electrónica. Pantalla táctil, resistente a auga e cunha batería de longa duración. o seu prezo oficial é de 159,99€. Enlace tenda

sony smartband talk 3

SmartWatch 3  é o primeiro dispositivo de Sony con Android Wear. Neste caso podemos obter este dispositivo por un prezo de 229,99€. Enlace tenda

sony smartwatch 3

Se queredes obter unha maior información sobre estes dous dispositivos de Sony só tedes que premer no link asociado ó IFA 14, no cal, o meu compañeiro Iago nos fala sobre estes dous terminais do fabricancte xaponés.

 Vía

Deixa un Comentario