Poderemos mercar o Oppo N3 en aluminio ou aceiro inoxidable

Moito está dando que falar o novo terminal de Oppo, entre outra cousas arredor dos seus acabados. Se hai uns días falabamos do aluminio como material principal, unha nova imaxe vén de confirmar que, cando menos, poderemos atopalo en outro material que poderá elixir o comprador á hora da compra: o aceiro.

oppoN3

Ademais, poderase escoller a cor do acabado entre negro e prata, polo que as posibilidades multiplícanse.

Polos materias empregados é esperábel que o seu prezo sexa algo máis elevado ca no resto de terminais comercializados pola compañía, aínda que teremos que agardar unha semanas para saber isto a ciencia certa e aclarar as súas especificacións e deseño final.

Sobre o autor

2 Comments

  1. Rubenix 2 Outubro, 2014 Responder
  2. Eugenio Arranz 2 Outubro, 2014 Responder

Reply